Ourense repunta levemente nesta xornada, cunha persoa máis na UCI

A comunidade galega rexistra hoxe 80 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende lixeiramente con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.819, preto de 100 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 23 (-1)  están en UCI e 56 (-7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 17 contaxios novos, duplicando a cifra de onte, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 225 (+2) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 8 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES