Galicia prepárase para administrar a vacina de Pfizer a nenos entre os 5 e os 11 anos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña confirmou onte que xa se preparan para iniciar a vacinación dos menores de 12 anos. Esta semana, a farmacéutica Pfizer anunciou que a súa vacina é efectiva e segura para os nenos entre os 5 e os 11 anos.

A compañía solicitou a autorización á Axencia Europea do Medicamento, que será quen valide o seu uso neste tramo de idade. Unha vez dean o visto bo, Galicia estará preparada para a súa administración. Este grupo de idade é o que está a presentar a maior incidencia da enfermidade neste momento, o ser os únicos que aínda non recibiron ningunha dose, polo que son o colectivo máis vulnerable.

AVANTAR ACTIVIDADES