O Cine Club retoma as proxeccións dos venres co filme “El padre”

Este venres 24 de setembro volven as proxeccións do Cine Club Carballiño ao Auditorio Municipal Manuel María. Como cada ano, preparan unha gran selección de filmes sempre garantindo a seguridade e priorizando que este tipo de actividades son seguras.

Volven cunha das mellores películas do pasado ano, “El padre”, gañadora de dous Óscars a mellor actor e mellor guión adaptado, dos premios BAFTA, o Premio do Público en San Sebastián, o Goya á Mellor película europea, entre outros premios. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS. 

AVANTAR ACTIVIDADES