O obradoiro Ribeiro-Avia formará a vinte alumnos en turismo, agricultura e construción

O Obradoiro Ribeiro-Avia, formado polos concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño e Carballeda de Avia, quedou xa constituído. Os tres concellos acordaron realizar unha oferta pública para que calquera cidadán poida participar no Proceso de Selección. Así, calquera cidadán poderá presentar ofertas na oficina de emprego do Servizo Galego de Colocación ata o mércores 29 de setembro.

As entrevistas serán convocadas a partir da semana do 4 ao 8 de outubro. O Obradoiro terá unha duración de 9 meses, e constará de 3 módulos de Promoción Turística, Agricultura e Construción, nos que se dividirán 20 alumnos. Os tres concellos manifestaron a súa satisfacción pola concesión deste obradoiro, co obxectivo de que sirva para a formación profesional do alumnado.

AVANTAR ACTIVIDADES