O sábado 25, Andaina Cultural: ” Camiño de Nós – Insua dos Poetas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ANDAINA CULTURAL: CAMIÑO DE NÓS – INSUA DOS POETAS
ROTEIRO: PONTE VEIGA (O CARBALLIÑO) – MADARNÁS (IGREXA) –
PONTE DO EIXÁN (INSUA DOS POETAS)
SÁBADO 25 DE SETEMBRO DE 2021
11:00 HORAS, SAÍDA DA PONTE VEIGA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Fundación Insua dos Poetas e a Asociación de Concellos do Camiño de Nós organizan
esta andaina, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta
de Galicia e da Deputación de Ourense, para poñer en valor a cultura tradicional dos
camiños. Neste caso, unha vía histórica con orixes na romanización que foi durante
séculos importante comunicación entre a comarca do Ribeiro e Santiago de Compostela.


A ruta coincide co Camiño dos Arrieiros e figura na carta xeométrica de Galicia, realizada
por Domingos Fontán en 1845. Foi o camiño que escolleron, en xullo 1926 (Ano Santo)
os galeguistas: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas, Xavier
Pardo, Afonso V. Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez para peregrinar a pé dende
Ourense a Compostela.


Trátase dunha rememoración cultural na que participan xinetes a cabalo, carreteiros,
arrieiros, músicos tradicionais e camiñantes en xeral. É unha achega á historia e ao
patrimonio cultural e natural da nosa comarca, aberta ás persoas e colectivos
interesados.


As inscricións poden presentarse no Departamento de Cultura do Concello do Carballiño,
no correo electrónico oixcultura@carballino.gal ou no teléfono: 662 198 615
Percorrido: 5 km aprox.
HORA ITINERARIO
11,00 h Punto de encontro na Ponte Veiga (O Carballiño)
Veiga
A Costiña
Barro
O Pazo
12:00 Pousa en Madarnás (Igrexa)
A Esgueva
Insua dos Poetas
Espectáculo “O espírito do Camiño”
13:30 Remate (degustación de media mañá)
Nota: os participantes poderán incorporarse en calquera dos puntos arriba sinalados, e
poderan regresar da forma que o desexen.
O aparcadoiro da Insua dos Poetas estará a disposición do público para os queiran
desprazarse en coche.
É obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade que marca a actual
normativa COVID-1