O PSdeG-PSOE denuncia o reparto a dedo na Deputación de Ourense de millóns de euros públicos

O PSdeG-PSOE cualifica de “escándalo, indecencia e pornografía democrática” o reparto a dedo na Deputación de Ourense de millóns de euros públicos “só entre acólitos de Baltar”, logo da aprobación inicial dos orzamentos para o vindeiro 2022 e da enésima modificación orzamentaria executada hoxe polo pleno cos votos de PP, Democracia Ourensana e a tránsfuga, Montse Lama.

O vicevoceiro socialista, Nacho Gómez, felicitou irónicamente ao goberno provincial porque estes orzamentos “premian aos cidadáns que votan ao PP e castiga aos que non o fan”. “Un 99 % dos fondos irán directos aos concellos do PP e iso é indecente, antidemocrático e pornográfico desde o punto de vista democrático”, denunciou antes de sinalar que, ademais, a metade deses cartos son “premios para os deputados populares”.

AVANTAR ACTIVIDADES

“Esta indecencia premia só aos seus acólitos”, dixo Gómez quen tamén destacou que o resto, as “faragullas” dixo, acaban “entre os señoritos de toda la vida” dos populares e entre “outras novas especies de aves rapaces”, en refencia a rexedores tránsfugas fichados por Baltar. “Traer os orzamentos en setembro para facer modificacións en xaneiro é unha tomadura de pelo que non acontece en ningún país asimilado”, incidiu o vicevoceiro.

Comparativa PP-PSOE.png

Entre os datos máis escandalosos do aprobado hoxe destaca o investimento por habitante, xa que os concellos del PP recibirán 59,2 euros por veciño e os do PSOE, unicamente dous. En cifras absolutas, os municipios gobernados polo PP percibirán 5.467.000 euros sumando 91.867 habitantes, fronte aos do PSOE, que percibirán só 188.400 euros con 91.571 habitantes. “É obsceno, vergonzoso e indignante”, insisten os deputados e deputadas socialistas.

Os concellos do BNG recibirán 134.000 euros con 9.933 habitantes. Outros 110.000 euros irán adicados a municipios gobernados por outros partidos políticos que suman 113.000 persoas, é dicir, básicamente a capital provincial, na que o PP cogerna con Democracia Ourensana.

“O PSdeG-PSOE será sempre un muro” para poñer fin a “esta pantomima”, incidiu o deputado xa que “os orzamentos saen dos petos de toda a veciñanza”. E, por iso, Gómez pediu “unidade” e “acordo” de todos os grupos políticos para que dictar un “novo marco normativo” que impulse un “reparto equitativo e xusto destes fondos públicos”, en base “á poboación, desemprego ou dispersión” ou a outros criterios que propoñan os restantes partidos. “A política que practica este presidente é a do rancio caciquismo é iso e inconstitucional, polo que hai que poñer fin a esta situación”, insistiu

Modificación orzamentaria aprobada hoxe

Nacho Gómez tamén salientou durante o pleno que a modificación orzamentaria aprobada hoxe, na que boa parte dos fondos irán adicados a Meisa, “é un saco sin fondo se non se adoptan outras medidas”. “Se volvemos investir cartos ahí, debemos investilos ben”, advertiu o deputado antes de cuestionar se os reiterados préstamos aprobados para esta sociedade ao longo dos últimos lustros foron devolvos ás arcas públicas.