Cea ensalza o seu produto nas Festas da Saleta co evento “Pan de Festa”

Esta fin de semana, e hoxe pola mañá, San Cristovo de Cea celebra os días grandes das súas festas patronais da Saleta. O sábado celebraron un evento pioneiro, “Pan de Festa”, no que se puideron desfrutar produtos típicos galegos e viños de D.O., acompañados por música e actividades de maxia para os máis pequenos.

Dende a Denominación de Orixe do Pan de Cea organizaron un showcooking no que se mesturan os produtos da terra e do mar, facendo un guiño ó pan de Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ó domingo e hoxe luns, serán os días grandes. Pola mañá de ambos días contan con varias misas, dende as 09:00 horas ata o mediodía, ca misa solemne, e seguidos de acompañamento musical.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV