“Enredando Tour R” achega a tecnoloxía ós maiores de 60 anos do Carballiño

Cruz Vermella e R chegaron hoxe ao Carballiño con “Enredando tour R” para integrar persoas maiores na contorna dixital. A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lle afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e a outros colectivos vulnerables.

O programa desenvólvese nunha aula móbil con contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Unha furgoneta superequipada transporta os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes. Esta iniciativa voltará ó Carballiño logo de pasar por toda Galicia, segundo comentou o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañado da concelleira de Política Social, Guadalupe Sobrado, agradeceu que esta iniciativa teña pegada no municipio.