Galicia segue ca tendencia á baixa en contaxios pero estable en hospitalizacións

21 December 2020, US, Worcester: A man fills a syringe with the Pfizer Coronavirus (Covid-19) vaccine at a vaccination centre in UMass Memorial Hospital in Worcester. Photo: Allison Dinner/ZUMA Wire/dpa 21/12/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN

A comunidade galega rexistra hoxe 30 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.160, máis de 100 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta estabilidade. Do total de pacientes positivos en Galicia, 16 (-1)  están en UCI e 42 (+1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 4 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 190 casos activos, sete menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 5 (+1)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (-1)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES