Marina Ortega do grupo socialista propón un plan galego transversal e multisectorial de prevención do suicidio

Marina Ortega alerta da “pandemia oculta” e alerta de que Galicia é a segunda CCAA do Estado en falecementos por suicidio, que triplican ás mortes por tráfico

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento celebrado hoxe na que presentou un Plan Galego transversal e multisectorial para a prevención do suicidio, cos recursos humanos e materiais necesarios para executalo. Ortega presentou esta iniciativa fronte á “pandemia oculta” do suicidio, que será votada mañá mércores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Advertiu de que Galicia é a segunda Comunidade Autónoma en número de falecementos recoñecidos por este fenómeno en todo o Estado, que triplican ás mortes por accidente de tráfico, con 307 falecidos só en 2020, practicamente un ao día. Estas cifras superan case que duplican as cifras recollidas a nivel estatal, se ben, de acordo cos expertos, os datos reais poderían chegar a triplicar as cifras rexistradas, ao estar camufladas como accidentes.

Marina Ortega chamou a prever a incidencia da pandemia nun aumento previsto destas taxas, tal e como vaticinan os especialistas, “ao igual que primeiro ven o terremoto e despois o tsunami” dun problema que o Plan Galego de Saúde Mental deixou a un lado. Reclamou “resarcir e reverter a falla de recursos por parte do goberno galego, lo de que o dito Plan, aprobado hai un ano, “non tivera o impulso que se precisa en Galicia”.

Salientou a importancia fundamental da saúde mental no caso deste fenómeno, por canto “o 90 por cento dos suicidios consumados tiñan diagnosticado un trastorno mental”, se ben estas doenzas teñen que soportar un “estigma social” e un manto de silencio que prexudica o seu tratamento. Explicou que “se acudimos con síntomas dun cancro, de diabetes ou de esclerose temos un tratamento durante a enfermidade, pero cun trastorno mental con ideación suicida non”.

A parlamentaria socialista chamou hoxe a afrontar este problema de fronte xa que, alertou, “do que non se fala, non existe, o que non existe non se afronta, e o que non se afronta non se soluciona”.

Xuventude

A parlamentaria socialista alertou ademais de que no último ano “os intentos de suicidio entre a xuventude disparáronse” e reclamou “unha estratexia específica para este sector da poboación tan vulnerable”, que permita “blindar á nosa xuventude con programas de fácil acceso específicos de prevención e tratamento adaptados para estas idades”.

En definitiva, resumiu, “queremos propoñer que, ademais dun Plan Galego potente de prevención do suicidio con carácter multisectorial, é preciso un informe anual que inclúa datos de suicidios consumados, así como de tentativas”. Sinalou que “temos que nutrir de información aos axentes implicados nesta cuestión, xa que a visión do problema nunca será real se non incluímos as tentativas de suicido, que son un factor predictor fundamental na prevención”.


A MESA DO PARLAMENTO:

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e deputado, Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela a través
do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Pleno.
Exposición de motivos
Ao longo da historia o suicidio significou estigma e tabú. As repercusións sobre
o núcleo familiar son duras, efectuándose un duelo patolóxico na maioría dos
casos.
Os datos son preocupantes, e fan que dende as administracións exista a
necesidade de prender unha alerta que elabore un plan de acción coordinado que
permita intervir para unha detección precoz da conducta suicida. Na actualidade,
o suicidio aínda ten asociado un tabú social inmenso, polo que é necesario hoxe
máis que nunca que, tras unha pandemia sen precedentes coñecidos con
consecuencias importantes sobre a saúde mental das persoas, dende as
administracións se poña no centro de acción este asunto.
A predisposición do suicidio a nivel global é ascendente, segundo os últimos
datos é a décima causa de morte en Europa. Ademais en 2016 foi a segunda
causa de morte entre a poboación de 15 a 29 anos, polo que é preciso un plan
específico que actúe sobre a prevención do suicidio en adolescentes e
xunventude.
En España, o suicidio sitúase como a primeira causa de morte non natural,
crecendo en 2019, nun 3,7 % respecto ao ano anterior segundo os datos do INE.
En Galicia o suicidio é a causa de morte que máis afecta porcentualmente á
xuventude galega xunto aos accidentes de tráfico, e a provincia de Lugo
encabeza a taxa de suicidios máis alta de toda España. Polo que Galicia ten que
incrementar esforzos adicionais na prevención do suicidio.
A preocupación é maior tendo en conta as consecuencias da pandemia no ámbito
da saúde mental, polo que xorden novos retos que é preciso abordar canto antes.
É preciso un Plan Galego contra o Suicidio con carácter multisectorial que
elabore un informe anual cos datos sobre suicidios así como cifras de tentativas
e que teña unha dotación orzamentaria específica que leve á práctica real o
CSV: REXISTROFtYbHKEVj6
Verificación:
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
65
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · gp-socialista@parlamentodegalicia.es
propio Plan. Todo elo en colaboración con colexios profesionais e entidades
sociais da saúde mental onde se marquen as liñas estratéxicas multidisciplinares.
É preciso complementar as políticas de acción contra o suicidio en Galicia con
dito Plan Integral potente dotado con recursos suficientes para o gran reto que
Galicia ten nesta materia como unha das CCAA máis afectadas.
Así mesmo é preciso ter un especial recoñecemento ao gran traballo que fan os
profesionais de saúde mental, así coma corpos e forzas de seguridade,
bombeiros, entre outros.
En Galicia, en 2019, faleceron 292 persoas por suicidio. Profesionais do sector e
movementos sociais de saúde mental alertan de que non existe un plan de
prevención de suicidios, e o plan de prevención publicado en 2017 non se
implementou. Polo que é urxente que a saúde mental e o suicidio, que fai a
Galicia encabezar a lista nacional xunto con Asturias nesta causa de
falecemento, sexan temas centrais nos que as políticas neste sentido teñen que
ser transformadas en realidade, na práctica do día a día. As persoas expertas na
materia indican que é necesario abordar todos os niveis de prevención do
suicidio, polo que, as políticas teñen que ser transformadas en práctica para
abordar realmente o problema en cuestión.
As persoas que lideran movementos sociais sobre a saúde mental en Galicia, así
como persoas expertas na materia indican que: “en 2017 nacía o plan de
prevención de suicidios da Xunta, despois de meses de presión popular por parte
de colectivos como o Movemento Galego de Saúde Mental. O plan estaba ben
elaborado nalgunhas cuestións. O problema foi que non houbo implementación”
Ademais afirman que o plan de 2017 naceu “cun gran defecto, que foi a
escaseza orzamentaria”. E outra cuestión non menor, que faise imprescindible
que sexa de carácter multisectorial.
O suicidio non só é un problema sanitario, senón que se trata dun problema
social que debe ser abordado desde distintas perspectivas, tanto sanitaria, como
social, e política.
Para poder optimizar o traballo nesta materia é preciso contar cos datos
actualizados sobre a realidade do suicidio en Galicia. Dende o Goberno galego
existiu un compromiso fai dous anos sobre un estudio da materia coa
universidade, que lamentablemente non viu a luz, nin se coñece a existencia do
mesmo.
CSV: REXISTROFtYbHKEVj6
Verificación:
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
66
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que elabore un Plan
Galego Intersectorial de prevención do Suicidio cunha dotación orzamentaria
que permita a posta en práctica do mesmo. Así mesmo elaborará un informe
anual con datos de suicidios e tentativas do mesmo en Galicia que se presentará
no Parlamento.