O Carballiño baixa ata os cinco casos activos. Melón mantén a máxima de nove casos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 8 contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 5 casos activos, un menos ca onte. Maside conta con dous casos activos. Boborás mantén un caso activo. Os demais concellos están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 15 casos activos. Catro casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, que conta cun caso máis ca onte. E outros 9 de Melón, que mantén esa cifra dende o pasado sábado. Leiro, libre de covid ata a pasada semana, conta con dous casos. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES