“O Potiños” organiza un curso de iniciación á fotografía en outubro

A Asociación Fotográfica “O Potiños”, en colaboración co Concello de, convoca para os días 16,23 e 30  de outubro, así como o sábado 6 de novembro, un curso e clases de inicio á fotografía. Esta actividade está enmarcada dentro do Arenteiro Fotográfico e celebrarase na Casa da Cultura, das 10:00 horas ata as 14:00 horas.

O curso ten un aforo de 25 prazas, e deberán participar so os maiores de 15 anos. Terá un custo de 10 € por persoa, que se abonarán ó inicio do mesmo, cando tamén se entregará un libro para ampliar coñecemento.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inscrición está xa aberta e poderá facerse na sección de cultura do concello do Carballiño, por medio dunha folla de inscrición.