O pleno do Irixo aproba por unanimidade as catro mocións do PSOE

O PSOE do Irixo manifestou a súa noraboa pola aprobación na sesión plenaria de onte das catro mocións presentadas. Pero ademais, piden ó grupo de goberno que se lle de prioridade a cumplilo fronte a outros proxectos.

As mocións presentadas foron o arranxo integral da parroquia de Santa Baia de Reádigos, un reclamo dende mais de tres anos atrás; o arranxo da estrada de acceso ós pobos de Barro e Río, en San Cosme de Cusanca, dada a imposibilidade de acceso de, por exemplo, vehículos de emerxencias; dotar de saneamento ós máis de 30 pobos do Irixo que non teñen, unha petición socialista que conta tamén con máis de catro anos; e, por último, a recuperación urxente da área arqueolóxica de Cangues, un dos poucos espazos sinalizados e visitables do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES