O PP pide información sobre a titularidade de Pena Cobertoira e dunha eira na rúa Tomás María Mosquera

Desde fai tempo, o PP asegura estar recibindo queixas dos veciños da zona sobre o estado en que se atopa a antiga eira sita tras o edificio nº 52 da Rúa Tomás María Mosquera, na que se mestura o lixo con turismos e deposicións caninas. Por este motivo, piden ó concello que se estude de quen é a súa titularidade, para esixirlle

Esta situación aseguran que é idéntica cos terreos de Pena Cobertoira, cuestión que xa foi ao Pleno no mes de xuño do pasado ano. Nese pleno quedouse en iniciar a investigación da titularidade dos terreos, asegurando os populares que aínda non teñen noticia de se se fixo algo neste sentido, a pesar de que xa pasou máis de un ano desde a adopción do acordo. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o PP non queren que estas situacións continúen así, polo que se somete a votación do pleno que o Concello inicie, de oficio, a investigación sobre a titularidade de dichos terreos, de conformidade co previsto no Regulamento de Bens das Entidades Locais. 

E no caso de que tras a investigación os terreos resultasen ser de titularidade municipal se procederá a realizar as obras necesarias para o seu adecentamento; e en caso de que resultasen ser de propiedade privada se esixirá dos seus propietarios a adopción das medidas que procedan respecto as fincas urbanas.