Medio Rural mantén a prohibición de queimas agrícolas a pesar do baixo risco de incendio

IES CHAMOSO LAMAS

A Consellería do Medio Rural informa de que hoxe remata a tempada de alto risco de incendios forestais na nosa comunidade. Porén, as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.

Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.  

OZOCOgz Deseño Galego