O Carballiño baixa ata os tres casos activos e na comarca so comparte casos con Maside

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 5 (-2) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 3 casos activos, un menos ca onte. Maside conta con dous casos activos. Boborás, que tiña un caso activo, queda hoxe libre de covid. Os demais concellos tamén están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 15 casos activos. Repite a situación de onte. Catro casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia. E outros 9 de Melón, que mantén esa cifra dende o pasado sábado. Leiro, libre de covid ata a pasada semana, conta con dous casos. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES