O Comité Clínico da vía libre ó ocio nocturno, con dous niveis de medidas sanitarias

Á espera de que Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifique as medidas que contempla o protocolo, os locais de lecer nocturno poderanse adherir a dous niveis, segundo o seu nivel de compromiso na aplicación de medidas sanitarias.

Así, no nivel 1, establecerase o 50% de aforo no interior dos locais e o 75% no seu exterior.  O horario límite de peche ao público será ás 3 horas da madrugada e o persoal traballador deberá realizar un curso formativo de dúas horas de duración.

AVANTAR ACTIVIDADES

No nivel 2, fíxase unha capacidade máxima do 75% de aforo no interior dos locais e do 100% nas súas terrazas. Para acceder aos locais deberase presentar a certificación de vacinación covid completa,  certificados de proba negativa recente ou ter superado a enfermidade. O horario límite de peche ao público será ás 4 horas da madrugada e, en materia de formación, o persoal deberá realizar un curso de catro horas de duración.