O delegado territorial da Xunta en Ourense recibiu á nova directora do Proxecto Home Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá á nova directora do Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén, coa que mantivo un  encontro na que repasaron as iniciativas do Proxecto Home coas que colabora a Xunta de Galicia.

Gabriel Alén destacou o compromiso do Goberno galego con entidades que, coma Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia en Ourense, traballan no eido dos trastornos aditivos; e lembrou que neste 2021, o departamento sanitario do Executivo autonómico destina máis de 10 millóns de euros ao desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con este tipo de condutas na Comunidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial sinalou que a Consellería de Sanidade, a través do Servicio Galego de Saúde, vén asinou con esta fundación un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de atención integral e rehabilitación de persoas con problemas derivados do consumo de drogas, alcohol ou condutas de xogo patolóxico na nosa Comunidade, por un valor de 946.588,5 euros.

A Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia é un Programa Educativo-Terapéutico que se propón promover o desenvolvemento e maduración das persoas con problemas de drogadicción para que acaden ou recuperen a súa plenitude e sexan protagonistas da súa propia vida.

En Ourense conta cun centro de acollida e reinserción e unha comunidade terapéutica urbana de 18 prazas, e programas de ludopatías e de inserción sociolaboral. A través da comunidade terapéutica desenvolve un programa de apoio a domicilio cada quince días para aquelas persoas que non poden seguir o programa ambulatorio. Asemade, esta fundación conta cunha comunidade terapéutica intrapenitenciaria, en Pereiro de Aguiar.