Carlos Sampayo e José Franco disputará o Rally Ribeira Sacra aos mandos dun Peugeot 208 Rally4

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os ourensáns participan na proba de casa co propósito de descubrir a montura francesa

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O equipo Aukor Racing afronta unha fin de semana diferente. Para sumar experiencia e quilómetros de competición, Carlos Sampayo decidiu tomar a saída no Rally Ribeira Sacra de Ourense, puntuable para o Campionato Galego de Rallys, aos mandos dun Peugeot 208 Rally4.

Pendentes de incorporar as últimas melloras no Renault 11 Turbo co que compite no Campionato de Europa de Vehículos Históricos, o piloto ourensán, que nesta ocasión terá como copiloto a José Franco (Alex Cid, o seu copiloto habitual, tomará a saída con Jorge González “ Rantur” ao comprometerse anteriormente), quixeron mellorar o seu ritmo e descubrir de primeira man como é a condución dun vehículo destas categorías, xa que polo momento tan só conducira automóbiles da categoría de históricos.

Na xornada previa ao comezo do rally, Sampayo e Franco desprazáronse ata o circuíto Choqueiro para realizar unha xornada de test na que puideron sacar as primeiras conclusións sobre a pilotaxe do Peugeot 208 Rally4, moi diferente ao que está afeito habitualmente.

Despois dunha primeira toma de contacto e dos consellos dos integrantes do equipo ao que lle alugaron esta unidade, Coca Rent, Sampayo foi aumentando o ritmo, ata rodar con soltura no sinuoso trazado dun quilómetro. Agora, sen maior pretensión que gozar da proba de casa e ir aumentando o ritmo progresivamente, Sampayo e Franco afrontarán desde as 18:53 horas da tarde do venres (coa disputa do tramo inicial de Castro de Beiro) a participación nunha proba que homenaxeará Roberto Soto, creador da proba falecido fai xa case dous anos.

Tras o tramo inicial en Castro de Beiro (venres 1 de outubro), Sampayo e Franco afrontarán durante a xornada do sábado os tramos restantes, catro especiais a dobre pasada, con comezo en Maceda- Baldrei e paso por Tapada- Luintra, Castro- Lobaces e Melias Luintra.

O final da proba está marcado para aproximadamente as 20:00 horas da tarde. Enviarase comunicado tras a publicación dos resultados oficiais.