Nota do Bng de Ribadavia sobre a enaxenación de inmobles propiedade do concello.

Hai agora seis meses que o goberno municipal de Ribadavia deu a coñecer publicamente os seus plans para unha serie de inmobles propiedade do noso Concello no Casco Histórico de Ribadavia.

En primeiro lugar, dende o BNG tratamos de saber cales eran esas construcións, cal é o seu valor actual e cal é o uso que se lles quere dar. Soubemos que se trata de nove inmobles, adquiridos polo Concello de Ribadavia hai aproximadamente 20 anos (rexistrados entre 2000 e 2003) e por un montante total, en euros, de 202.840.

AVANTAR ACTIVIDADES

Demandamos que se realizara unha taxación de cal podía ser o valor actual de ditos inmobles e cales son os usos que se lle pretendía dar.

Consideramos dende o BNG que a enaxenación dun patrimonio público municipal só está xustificada pola existencia dun interese público, dun beneficio que reverta na nosa sociedade, polo que ditos inmobles deberían ser destinados a vivenda accesible a todo tipo de familias que se queiran asentar no noso concello.

Recentemente, recibimos o prego de condicións para a venda de ditos inmobles. Se ben (páxina 12) se puntúa nos criterios de venda o compromiso dos compradores de destinar a vivenda a domicilio habitual

O criterio máis importante segue a ser a oferta económica:

E os compradores poderán dedicar os inmobles a outros usos distintos de como vivenda:

Polo tanto, dende o BNG valoramos positivamente a posibilidade de que esta serie de inmobles se poidan rehabilitar, pero o obxectivo debería ser que ditos inmobles se converteran en vivenda accesible para favorecer o asentamento de poboación.