Piñor, Cea e Vilamarín comparten un obradoiro de emprego para a limpeza da Vía da Prata

Dentro das solicitudes remitidas polos concellos á xunta de Galicia para a concesión de obradoiros de emprego, os gobernos locais de Piñor, San Cristovo de Cea e Vilamarín, todos colindantes, recibiron o beneplácito da administración xeral. Neste caso, os traballos concentraranse na limpeza e acondicionamento de preto de 40 quilómetros dentro da Vía da Prata, unha das opcións dentro do camiño de Santiago. Os traballos comezarán a mediados do mes de outubro.

O concello de Cea está apostando este ano Xacobeo e tamén o próximo por potenciar e ampliar a súa oferta no terreo da peregrinaxe. Nese sentido, esperan aumentar nun centenar as prazas de aloxamento ca finalización das obras do novo albergue.

AVANTAR ACTIVIDADES