A Xunta recolle 2 observacións con respecto a ampliación da área industrial do Carballiño

A xunta publicou a

RESOLUCIÓN POLA QUE SE FORMULA O DOCUMENTO DE ALCANCE DO ESTUDO
AMBIENTAL ESTRATÉXICO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM.2 DO PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICI

AVANTAR ACTIVIDADES

En relación coa ampliación da área industrial do Carballiño recibíronse as seguintes
observacións e suxestións formuladas por dous particulares:

Particular 1 : Informa de que dentro da área delimitada no concello de Maside existen
hábitats de interese comunitario, algúns deles de interese prioritario, e especies de
fauna catalogadas nas partes máis húmidas, aínda que para a súa análise sería
preciso realizar algún estudo con certa profundidade. Considera que debido á
orografía do terreo a nova área industrial producirá un gran impacto visual sobre o
núcleo do Carballiño. Manifesta que resolver o abastecemento de auga á nova área
empresarial mediante captación no río Arenteiro é inviable económica, social e
ambientalmente, pois de acordo cos datos publicados pola Confederación
Hidrográfica Miño Sil carece do caudal ecolóxico suficiente, especialmente no verán.
Advirte que a ocupación do ámbito provocará unha maior escorrenta das augas que
chegan ao río Varón, o cal pode incrementar o risco de inundación xa detectado
neste río ao seu paso polo Carballiño (ARPSI ES010-OU-01-04-20). Manifesta que
calquera proposta dunha nova área industrial debería excluír o río Varón, e evitar no
posible episodios non desexados de inundacións e contaminacións do ecosistema
fluvial. Tamén solicita que o documento se complete con cartografía máis precisa
das características físicas e ambientais do ámbito.

Particular 2 : Indica que a transformación urbanística dunha gran superficie de solo
(120 ha) terá unha especial incidencia na perda de hábitats e na escorrenta das augas
pluviais, o cal podería agravar as frecuentes inundacións que orixina o rego do Varón
ao seu paso polo casco urbano do Carballiño. Polo tanto, solicita estudar outras
alternativas de localización da área empresarial ou no caso de manter o
emprazamento proposto que se realice un estudo hidrolóxico e se avalíen solucións
técnicas viables para respectar o funcionamento natural da conca do rego Varón.

No mesmo documento aparece a seguinte informacion relacionada co parque empresarial

C. Delimitar novas actuacións empresariais:

Ampliación do parque empresarial do Carballiño-Maside (32019013; 123,5ha).
Amplíase o parque empresarial existente no Carballiño delimitando dúas áreas
diferenciadas, unha delas lindeira co actual polígono industrial e dentro do municipio
do Carballiño e outra ao leste, no concello de Maside, cunha superficie aproximada
de 100 ha.

P.E. de O Carballiño – ampliación (39019013)
No documento das DOT, o concello do Carballiño figura como unha cabeceira do sistema
urbano intermedio, como núcleo central da súa comarca.
O parque empresarial do Carballiño sitúase 1 km ao nordeste do centro da vila do Carballiño,
dispoñendo na súa contorna de boa conexión cos principais nodos de comunicación viaria
(estrada nacional N-541, estrada autonómica OU-504 e autovía AG-53 que une Santiago con
Ourense, a través do ramal AG-54 que conecta dita vía co Carballiño).
A ampliación prevista abrangue dous polígonos descontinuos que afectan a terreos do
concello do Carballiño (lindeiros co parque actual polo oeste) e do concello de Maside (algo
máis de 100 ha na marxe oposta da estrada OU-504).
O polígono delimitado no Carballiño está ocupado por masas forestais de carballos
misturado con piñeiros e algúns eucaliptos e polo borde norte o atravesa un regato
tributario do Rego de Valón. A carón deste rego existe un corredor conformado por bosque
aluvial pertencente ao hábitat prioritario 91E0*, no que medran ameneiros, vidueiros,
salgueiros, freixos e carballos. Este ámbito linda polo sur cunha zona residencial e un
equipamento educativo

A área delimitada en Maside acomódase entre os límites da estrada OU-504, a vía do
ferrocarril (AVE) e a estrada municipal que une a zona industrial do Carballiño coa estrada
nacional N-541, ata aproximarse ao núcleo de Dacón.
Abrangue terreos de natureza forestal dominados por piñeiros, pero tamén con presenza
masas de carballos de rexeneración espontánea. Incorpora dous enclaves industriais
existentes. A topografía é chaira na meirande parte do ámbito.

Na ampliación prevista do PE Carballiño-Maside a alternativa 1 supoñería afeccións ao DPH e
á zona de servidume do regato do Varón, aínda que ao non reflectir a clasificación do solo
dos terreos non se pode valorar o alcance. Tampouco se analizaron as afeccións ás zonas
inundables nin á zona de fluxo preferente, nin se estudaron os posibles incrementos dos

Na ampliación prevista do PE Carballiño-Maside a alternativa 1 supoñería afeccións ao DPH e
á zona de servidume do regato do Varón, aínda que ao non reflectir a clasificación do solo
dos terreos non se pode valorar o alcance. Tampouco se analizaron as afeccións ás zonas
inundables nin á zona de fluxo preferente, nin se estudaron os posibles incrementos dos

riscos de inundacións no ARPSI existente augas abaixo derivado do gran incremento de
superficie impermeabilizada que supoñería o novo desenvolvemento. A alternativa 2
(rexeitada) tería unha menor afección á canle do rego do Varñib, aínda que ten unha pequena parte dentro da zona de fluxo preferente. En todo caso é necesario analizar a viabilidade do desenvolvemento por dispoñibilidade de recursos hídricos para as novas demandas e capacidade de depuración das novas verteduras