Este domingo terá lugar o Día da Bici, con preto de 350 inscritos

O 16º Día da Bici do Carballiño terá lugar este domingo pola mañá, cun formato familiar dividido en dúas opcións de percorrido: unha longa de 8 quilómetros e outra curta de 2 quilómetros e medio. A saída e a chegada faranse dende a Veracruz, con animación a cargo de DJ Tibu. As inscricións este ano rondan as 350 persoas.

Ademais de facer deporte, participar no Día da Bici terá premio. Por unha banda haberá un sorteo de vales de compra para o comercio local do Carballiño, e tamén doutros produtos, coma unha bicicleta.

AVANTAR ACTIVIDADES