Oferta deportiva e a calidade dos servicios prestados no ámbito comarcal do Carballiño, promoción deportiva

Mercedes Amil Otero

Licenciada en Socioloxia (UCM). Estudios de Dereito (UNED)


Partimos do suposto que a cultura deportiva crea valores de esforzo e sacrificio na persoa, necesarios para o alcance dunha sociedade mellor, así como de cohesión e inclusión social. A vez que axuda a adquirir novos hábitos de vida saudable, para manterse en forma física e psíquica durante o resto das nosas vidas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Conceptos:

A actividade deportiva representa o exercicio físico reglamentado consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou en competicións reconocidas pola Administración deportiva. Distinguirase entre modalidade deportiva i especialidade deportiva en función das características, da organización e da práctica de cada actividade así como da sua organización federativa.

Neste senso destacar o apabullante triunfo do equipo de fútbol Club Deportivo Arenteiro da pasada temporada, alzándose candidato de liga, logrando o ascenso a Segunda Federación, un Arenteiro campeón.

A actividade física representa o exercicio físico desenvolto co principal obxectivo de mellorar a condición física ou ocupación activa de tempo de ocio realizados noutros espacios e instalación deportivas, tal como acontece actualmente na Praza Roxa do Carballiño en relación ao xogo do baloncesto, con gran participación por parte da xuventude entorno a este deporte.

Para conquerir o éxito deportivo, antes é preciso dispor da oportunidade de disfrutar dunhas instalacións deportivas i equipamento deportivo adecuados, así como de entrenadores técnicos deportivos que o fagan posible, que axudarán ao deportista alcanzar os seos obxectivos. Requírese apertura de horizontes a cargo da tutela administrativa, contando coa colaboración de patrocinio privado.

Neste senso sería interesante dispor da elaboración do censo de instalacións deportivas por parte das Administracións Públicas; así como da sua publicación para dar a coñecer a situación das infraestructuras na comarca do Carballiño e así contribuir a planificación de novas que poidan construirse.

Os datos das infraestructuras que se incluisen no censo, reflexarán ao menos:

  1. Situación territorial
  2. Sua titularidade
  3. O estado de conservación e os servicios que contan
  4. A capacidade e accesibilidade para persoas con alguna discapacidade
  5. As modalidades deportivas que se poidan desenvolver

Evaluar para planificar en función das necesidades deportivas das diferentes modalidades i especialidades profesionais así como de actividade física, coa finalidade de poder ofertar aos diversos grupos de idade interesados nas súas prácticas, dando saída as aspiracións profesionais dos deportistas.

Planificación que comprenda o diseño de instalacións i equipamentos deportivos en calidade dos servicios prestados en réximen de uso público – privado.

En función delo poderíase organizar un foro que comprenda a vinculación do deporte coa comarca do Carballiño a vez que encauzado a promoción de vida saudable. Foro que conte coa intervención de profesionais da actividade deportiva e colectivos asociados directamente ao deporte encargados da promoción de eventos deportivos. Contando coa colaboración de institucións públicas i organizacións privadas involucradas en materia deportiva.

Creación de postos de traballo con perfil “xestión de deporte” enfocado a: carreira pedreste populares, carreira nocturna en época estival, andaina guiadas, competición de axedrez que favorezca o exercicio de adestramento mental….

Debéndose cumplir os requisitos necesarios para a práctica deportiva segura. Así como as garantías de protección ambiental e paisaxística da situación e dos terreos.

No plano económico analizar o retorno das inversión realizadas, así como o coste de mantenemento das infraestructuras das instalación enfocado na explotación das actividades deportivas que se implanten; así como a obtención de subvencións de organismos públicos.

A cultura deportiva crea valores para o alcance dunha sociedade mellor, mais saudable. Promover o deporte para promover a persoa no contexto social.

Favorecer para construir, construir para mellorar.

Textos lexislativos:

– Ley 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia

– Constitución Española, artículo 43.3 “Los poderes públicos fomentarán la educación sanitaria, la educación física y el deporte. Asimismo facilitarán la adecuada utilización del ocio.”

Fdo: Mercedes Amil Otero

—————————————————————————————————

Outros artigos de Mercedes Amil:

Balneoterapia, aguas mineromedicinais e termais, zonas de O Carballiño-Ribadavia patrimonio hidromineral

Impulso económico, social, cultural e deportivo de O Carballiño e comarca