Ourense non rexistra ningún contaxio nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 14 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 502, 80 casos menos nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un ascenso leve. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (=)  están en UCI e 37 (+2) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  non rexistra ningún contaxio novo nesta xornada e restando as altas, os casos totais chegan ata os 77casos activos.. Os hospitais hoxe presentan 0 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

No caso da comarca do Carballiño, o único concello con casos activos é Punxín, cun caso. No Ribeiro, a situación tamén mantén cifras baixas, con dous casos en Ribadavia e situación semellante en Melón e Leiro.