O PSOE do Irixo pide seguridade e melloras na estrada que comunica co Irixo de Arriba

IES CHAMOSO LAMAS

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA A COLOCACIÓN DE VARANDAS, BARREIRAS DE SEGURIDADE OU QUITA MEDOS E A URBANIZACIÓN CON BEIRARRÚAS OU SENDA PEONIL NA ESTRADA AO SEU PASO POR “IRIXO DE ARRIBA”, DENDE O GRUPO ESCOLAR DO IRIXO ATE O CRUCE DA ESTRADA QUE VAI PARA PARADA E NOGUEIROA OU A CIDA, FROUFE OU ESPIÑERIA…

As numerosas curvas, o estreito da calzada e varios desniveis fan preciso a colocación de varandas, barreiras de seguridade ou quita medos e a urbanización e construción de beirarrúas ou senda peonil para garantir a seguridade da veciñanza, peóns e automobilistas nunha estrada de gran tránsito ó comunicar a capitalidade do Concello dende o núcleo da Ponte, pasando polo Grupo escolar e Irixo de Arriba para chegar a varias parroquias e pobos do noso concello como Parada de Labiote, Nogueiroa ou a Cidá, Froufe ou Espiñeira…

HIPER MASIDE

Recordar que fai xa máis de 3 anos, o pasado 9 de maio de 2018, os socialistas presentamos está moción para urbanización e construción de beirarrúas dende o grupo escolar, sen que a data de hoxe nada se fixese, por garantir a seguridade da veciñanza, peóns e automobilistas neste tramo dunha estrada de gran tránsito con inexistencia total de varandas, barreiras de seguridade ou quita medos e/ou beirarrúas nesta estrada dende o grupo escolar ate o pobo de Irixo de arriba, con numerosas curvas, o estreito da calzada e varios desniveis fai completamente perigoso este traxecto para veciñanza, peóns e automobilistas.