O cine de Leiro ofrece acción co axente 007 e A Familia Adams

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira, como cada semana. Neste caso, ofrece dúas películas, tanto para os máis pequenos coma para adultos. Por unha banda, e pensando xa en Halloween, proxectarase o filme “La familia Adams, 1 de octubre”,  que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:15 horas, e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30  horas.

Por outra banda, tamén se proxectará a nova entrega do axente 007, “Sin tiempo para morir”, o venres, sábado e domingo ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO