A Xunta anuncia en Cea o reforzo para as agrupacións de Protección Civil para as súas necesidades

Publicidade ASPADISI

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea, na que a Xunta investiu máis de 12.000 euros nos últimos anos, unhas inversións que se encadran no obxectivo do Goberno galego de reforzar as agrupacións de voluntarios para dotar aos concellos duns servizos de emerxencias acordes coas necesidades da súa poboación.


Santiago Villanueva subliñou que a agrupación local beneficiouse, nos últimos catro anos, de axudas por importe de máis de 5.000 euros, procedentes das partidas destinadas ao funcionamento das AVPC galegas, ás que se destinou 4 millóns de euros nos últimos anos. Ademais, San Cristovo de Cea recibiu o ano pasado 7.500 euros da orde de axudas para equipamento, coa finalidade de dotar á agrupación dunha coitela quitaneves, necesaria para axudar á poboación en condicións meteorolóxicas extremas. Na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais, o Goberno galego leva investidos case 20 millóns de euros.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea, ademais, forma parte das entidades que se benefician do Plan de atención ao peregrino posto en marcha este ano pola Xunta por mor do Xacobeo. A raíz dun convenio de colaboración para o auxilio dos peregrinos da Vía da Prata, a agrupación recibiu máis de 3.000 euros. O plan ten como principal obxectivo proporcionar aos peregrinos que se acheguen a Galicia unha atención presencial en caso de sufrir situacións de emerxencia polas que precisan axuda. Un dos puntos fundamentais deste plan é a posta en marcha de patrullas de protección civil nos camiños para garantir a atención aos peregrinos.

HIPER MASIDE

A Xunta mantén a súa implicación na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais galegas, aos que destinou case 20 millóns de euros, 11 millóns no caso das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e 7 no dos GES. Tamén colabora no seu funcionamento asumindo máis de 40 millóns do custo dos GES e 4 millón nas AVPC. En total, máis de 60 millóns de euros investidos polo Goberno galego nos últimos 12 anos para colaborar no funcionamento, equipamento e formación dos servizos de emerxencias da comunidade.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea conta con 20 voluntarios aos que Santiago Villanueva agradeceu o seu labor altruísta e desinteresado para velar cada día pola seguridade dos seus veciños, como levan demostrado nos últimos anos, especialmente nos meses da pandemia nos que a entidade afanouse na axuda dos colectivos máis sensibles.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV