O Carballiño suma hoxe outro contaxio, para ter dous casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 3 (+1) contaxiados únicamente. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, suma hoxe un caso activo, logo dunha semana sen contaxios, para contar con dous casos. Punxín mantén un caso activo. Ribadavia conta cun caso activo e Leiro con dous contaxios. Todos os demais concellos das dúas comarcas están libres de covid.