Piñor potencia cunha charla e actividade física para maiores hábitos máis saudables

O día 16 de Outubro conmemorase o Día Mundial da Alimentación, que para o ano 2021 ten o seguinte lema: “alimentos seguros agora para un futuro saudable”.

O día mundial da alimentación pretende ser un recordatorio do importante que é alimentarnos de forma correcta, mediante a inxesta dunha dieta sa e equilibrada. Como unha  nutrición saudable é de suma importancia para a saúde, por este motivo, dende o Concello de Piñor tamén se conmemora o Día Mundial da Alimentación ofrecendo información sobre o tema coa realización da seguinte charla: 

AVANTAR ACTIVIDADES

Alimentación, movemento e saúde nas persoas de idade. Esta charla terá lugar o luns 18 de outubro ás 19:30 horas no Centro social (Albarona) e na que se destacará a importancia da nutrición e necesidades enerxéticas, cales son as características fundamentais dunha dieta saudable nas persoas de idade e a importancia do movemento para unha vida saudable.

Ademais, como o movemento é importante para unha vida saudable, tamén se vai iniciar Actividade física para maiores, que terá lugar un día  á semana ó longo do mes de outubro e novembro en dous grupos;  tódolos mércores de 19-20 h no Centro social da Albarona e  de 20-21 h na antiga escola de Cotelas.  Dende o Concello de Piñor informase ás persoas interesadas en participar de que deben inscribirse nos Servizos sociais do Concello de Piñor.


VIDEO SPOT PIÑOR en BADAL TV