O PSOE marxina e abandona proxectos esenciais para a provincia de Ourense

No proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2022

  • Os representantes populares no Congreso e no Senado cualifican de escandaloso o abandono das autovías A-56 (Ourense-Lugo) e da A-76 (Ourense-Ponferrada)
  • Critican que tampouco aparezan consignacións para as obras pendentes de executar na estación intermodal de alta velocidade da capital

Os representantes do Partido Popular pola provincia de Ourense no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, e no Senado, Miguel Viso e Francisco José Rodríguez, valoraron hoxe o proxecto orzamentario presentado polo executivo de Pedro Sánchez para 2022, no que se reflicte “a marxinación e o abandono de proxectos esenciais para o territorio ourensán, principalmente no que se refire ás comunicacións por estrada e ás infraestruturas ferroviarias relacionadas coa alta velocidade”, criticou Celso Delgado.

PUBLICIDADE ELECTORAL