Moción de Espazo Común para mellorar o servizo do Punto Limpo

MOCIÓN PARA MELLORAR O SERVIZO DO PUNTO LIMPO DO CARBALLIÑO E A RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS

Moitos veciños do Carballiño asisten estupefactos nos últimos tempos a unha asombrosa proliferación do mobiliario retirado de fogares que pasa días e días xunto aos contedores do lixo por tódalas rúas e aldeas do pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Colchóns, mesiñas, televisións e mesmo baños completos afean as paisaxes e son motivo de comentario e de malestar entre os viandantes.

As causas desta mala praxis por parte dalgúns cidadáns poden ser diversas pero é obvio que é a este Concello a quen lle corresponde poñer remedio a unha problemática que é necesario atallar xa.
Consideramos que unha das claves está en levar a termo novas campañas informativas sobre os procedementos dispoñibles para a recollida destes enseres.

Tamén se fai obvio que o horario do Punto Limpo é insuficiente pois só está operativo de luns a venres de 12 a 2. Marxe temporal escasa e de moi difícil encaixe para a maioría da cidadanía.

A instauración dun Punto Limpo Móbil que funcione a demanda cun teléfono específico para reclamalo, independentemente do día da semana, tamén viría a mellorar ostensiblemente as posibilidades de desfacerse de mobles e electrodomésticos antigos.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño demande á Deputación de Ourense, xestor do servizo de recollida do lixo, as anteditas melloras: realización de campañas informativas para concienciar e informar dos procecedementos para a recollida de enseres voluminosos; ampliación do horario de funcionamento do Punto Limpo e instauración do servizo de Punto Limpo Móbil a demanda.