O Carballiño mantén dous casos activos e Boborás rexistra hoxe un contaxio

A comarca do Carballiño conta hoxe con 3 (=) contaxiados únicamente. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, mantén os dous casos activos rexistrados a pasada semana. Punxín, que tiña un caso quedou libre de covid e Boborás rexistra hoxe un contaxio. Ribadavia conta con dous casos activos, un máis ca onte, e Leiro con un contaxio. Todos os demais concellos das dúas comarcas están libres de covid.