O bono comercio “O Carballiño contigo” ofrece 2.000 tarxetas dende mañá

Esta mañá, a Casa da cultura do Carballiño acolleu a presentación da segunda edición do bono comercio “O Carballiño Contigo”, posto en marcha polo concello do Carballiño e o Centro Comercial Aberto. Dende a administración local amosan o seu apoio total a esta iniciativa e ó traballo feito polo CCA. A partir de mañá 2.000 tarxetas estarán a disposición da cidadanía para gastar nos establecementos do comercio e hostalaría locais.

Dende mañá mércores poranse á venda ás tarxetas na caseta de Turismo instalada na Alameda, que estará aberta ao público en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas ata remate das tarxetas. Cada unha delas leva unha carga de 50 euros e cada usuario paga 25 euros xa que os outros 25 son aportados polo Concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do CCA, Julian Garriga, explicounos máis detalladamente como se poderán adquirir e algunhas recomendacións.

O ano pasado 145 establecementos de comercio e hostalaría do Carballiño se sumaron a esta campaña, cifra que se espera sexa superior este ano.

Dende Abanca, a terceira parte deste acordo de colaboración, destacaron a importancia de apoiar ó sector do comercio e hostalaría, pilares fundamentais durante estes meses de pandemia.