O BNG cualifica os orzamentos da Xunta como un novo golpe para Ourense

Noa Presas afirma que a Xunta “desenténdese de Ourense e dos problemas que causa o PP co pacto Baltar-Jácome-Feijoo castigándonos con ideas repetidas e sen propostas para xerar emprego e fixar poboación”.

Para o BNG “volve ser o orzamento das ausencias: nin un só euro para débedas históricas como construír un centro de saúde no Vinteún”

A deputada nacionalista por Ourense e responsábel da área de Facenda e Orzamentos valorou o proxecto presentado hoxe pola Xunta no Parlamento Galego como “decepcionante e cheo de promesas repetidas”.

PUBLICIDADE ELECTORAL