O Carballiño mantén a mesma situación, con dous casos activos

A comunidade galega rexistra hoxe 33 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa con respecto ós últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 438, seis máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 8 (-1)  están en UCI e 23 (-2) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra dous contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 44 casos activos, cinco menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 2 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comarca do Carballiño conta hoxe con 3 (=) contaxiados únicamente. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, mantén os dous casos activos rexistrados a pasada semana. E Boborás conta cun caso activo, que se mantén de onte.