O BNG de Castrelo alerta problemas ca auga potable en San Estevo

O grupo do BNG en Castrelo de Miño
Publicidade ASPADISI

Castrelo de Miño segue a padecer problemas ca xestión da auga. Desta vez aféctalle á parroquia de Santo Estevo, onde estábase aportando auga dun pozo cunha mala calidade, tanto a nivel visual, como analítico, dado que disparou o parámetro do arsénico no depósito.

A captación de Santo Estevo, foi renovada integramente polo goberno do BNG, e aportaba auga de calidade por propia gravidade, sen gasto de enerxía eléctrica en bombeos. O BNG asegura que o descoñecemento e abandono do mesmo fixo que se perdera dita captación, obrigando a aportar mediante bombeo de un pozo de mala calidade. Dende o BNG esixen que o goberno local arranxe este problema.

HIPER MASIDE


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO