Un mes de actividades físicas e emocionais para as mulleres do rural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Encontros de saúde física e emocional para mulleres” é o título do taller que se comezará a desenvolver dende a próxima semana e durante cinco sesións en diferentes parroquias do rural do Carballiño, destinado ás mulleres. Hoxe, a concelleira de Benestar, Igualdade e Sanidade, Lupe Sobrado, presentou esta iniciativa no concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As actividades terán lugar nun local social, no que poderán participar as parroquias próximas. Os horarios serán os martes (26 de outubro, 2 de novembro, 9 de novembro, 16 de novembro e 23 de novembro), ás 15:30 no local social de Santa Uxía de Lobás, para as parroquias de Pol, Piteira e Santa Uxía; e ás 18:00 horas no local de Arcos, para as parroquias de Seoane, Uceira e Arcos.

Os mércores (27 de outubro, 3 de novembro, 10 de novembro, 17 de novembro e 24 de novembro) primeiro no de Mudelos, para as parroquias de Veiga, Madarnás e Mudelos; e logo no Bo Día Familia do Carballiño.

E os xoves (28 de outubro, 4 de novembro, 11 de novembro, 18 de novembro e 25 de novembro), primeiro en Sagra, para as parroquias de Mesego, Banga, Cabanelas e Sagra; e logo no Torrón, para as parroquias de Señorín, Partovia e Torrón.