O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

IES CHAMOSO LAMAS

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


 Sobre o terreo e a relación co topónimo non caben dúbidas sobre a súa motivación: Desde O Coto, onde as canteiras deixaron as pegadas visibles na actualidade, ata a mesma canle do río Viñao, despois de pasar polo centro do lugar, as “laxas” están na tona da terra como formando unha eira natural  -Mágoa que as medas de centeo desaparecesen da paisaxe, quizais para sempre, no tempo das mallas! Como despareceu o cereal das leiras da contorna por Torroedo e as veigas limitrofes-.

HIPER MASIDE

 Como curiosidade, e con respecto a este terreo tan rochoso, podemos dicir que algunhas casas que se construíron no lugar das Laxas, a pedra foi extraída directamente a pé de obra, senón que llelo pregunten a algúns canteiros do propio lugar (Bastián) ou de Savedra.

 A tradición agrícola,gandeira e incluso forestal, tamén estivo presente, tanto nas Laxas como na Ponte, aínda que hoxendía non o pareza, xa que ambos os lugares se foron incorporando ao sector servizos, pero, podemos lembrar que tamén aquí houbo muíños, uns movidos por auga e outros máis modernos por corrente electrica, ademais dos dous serradoiros que traballaron ata a penúltima década do século pasado no “barrio” do Coto.

 Como punto de encontro de moitas actividades ás que o vecindario se vía obrigado a achegarse para satisfacer aquelas necesidades que non eran de autoconsumo, veñen á nosa memoria os nomes / “alcumes” dalgunhas familias como: Bastián,Calcañeiras,Mosqueira, Neboeira, Pallón, Zapateiro, Rei, Campos, Penelas,Penedo, Gaiteiro…

 Ao chegarmos á ponte que une a capitalidade do concello, As Laxas e A Ponte, deixaremos á nosa dereita a casa de Lagarto e a praza do concello, bautizada este mesmo co nome de Manuel Penedo, así como a que foi casa natal de Elixio Villaverde. Concluímos esta andaina solidaria pola “Igualdade”,despois de superar  a capela de Fátima e a fonte do lugar á esquerda, coa firme vontade de que sexa un éxito de publico e que ao mesmo tempo sirva como percorrido e respecto polo patrimonio dalgúns destes bens materiais, moitos  deles xa catalogados como Ben de Interese Cultural e incluídos no futuro Pxom, así como de atención ao medio natural e a tradición que nos foron transmitindo os nosos antergos, coa responsabilidade de transmitírllela ás xeracións vendeiras.Que o novo roteiro, “O Campo Grande” ,sirva como imán para atraer máis camiñantes!

Anexo

 Pouco antes de darlle difusión a esta reportaxe, a comisión organizadora da andaina, Camiña pola igualdade,acordou revisar o itinerario previsto inicialmente [o que remata antes deste anexo] e do que paso a incluír unha breve referencia ao obxecto de que aquela non resulte demasiado longa.

 A ampliación do roteiro consiste en continuar desde As Laxas ata Saavedra polo camiño veciñal,antes un camiño de carro e hoxe asafaltado, que transcorre paralelo ao río Viñao pola marxe esquerda,pasando pola Puntiña- O Cotiño- O Alargo e Saavedra.

 Xa se dixo en máis dunha ocasión que o nome deste lugar non ten que ver co que foi o creador do “Ingenioso Hidalgo don Quijote de La Mancha”, Miguel de Cervantes Saavedra, pero si co de Jesús González Gonzalez, alias “Saavedra”, ou “Santeiro”, alcumes segundo os cales se fixera popular o mestre canteiro, escultor, deste lugar, responsable da construción do “Arco Parabólico” da igrexa da Veracruz do Carballiño.

 O topónimo é un nome composto do substantivo “sala” máis “o adxectivo “vetera”  que fai referencia a unha construción acomodada e de certa antigüidade, como sucede con outros do tipo: Pontevedra, Eirasvedras, etc.

 Disque Saavedra, é terra de canteiros, e este privilexio debeu ter que ver en grande medida coa contorna do lugar, que, entre outras características, o seu monte está inzado de penedos, e así o corrobora a toponimia menor: Os Penedos, Os Penedos Bastos, O Penedo dos Corvos, etc. As mostras dese traballo da pedra quedan recollidas en varias obras da arquitectura popular como son as solainas, os fornos, as portadas, etc.e, de maneira especial, nos panteóns que sobresaen en case todos os cemiterios do Irixo.

 O camiñante ao seu paso polo lugar pode ver algunhas destas mostras que vimos de sinalar, por exemplo, a fonte,os galiñeiros, ou portadas con pináculos e motivos diversos (cruces, anxos, santos, etc). (en colaboracións anteriores para Badal Novas hai dúas reportaxes específicas sobre o lugar e Jesús González ). Só incluirei aquí unha imaxe respresentativa da que puido ser a entrada á Casa Tulla que, durante o Antigo Réxime, recollía as rendas para a Xurisdición de Pazos de Arenteiro.


Outros artigos de Xulio Dobarro

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.