O BNG do Ribeiro rendeu homenaxe hoxe sábado 23 a Aristóbulo Quinteiro.

En 1979 foi o primeiro concelleiro do BNG na comarca ao ser elixido no concello de Beade. 

Pero o seu compromiso co pobo comezou en plena ditadura, participando na loita dos traballadores da terra a través das Comisións Labregas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta homenaxe é extensiva a toda unha xeración de militantes que protagonizaron a loita popular contra o encoro de Castrelo, o activismo cultural e asociativo do que agromaron novas de iniciativas coma as Mostras de Teatro Galego e, en definitiva, a consecución do fin da ditadura.

Estivemos arroupados por compañeiras de toda a comarca, amigos doutras localidades e referentes coma os deputados Iago Tabarés e Noa Presas, xunto con Néstor Rego parlamentario do BNG no Congreso.

O acto foi presentado pola portavoz municipal de Ribadavia, Maite Rodríguez e máis polo responsable comarcal Xacobe Ribeiro


No ano 2017 un equipo de Irlanda fixo un documental sobre As Regadas ” As Regadas: Life in A Disappearing Village (Short Documentary) “

Fanse entrevistas a xente do pobo e Aristobulo conta como é o proceso de facer viño. Falannos como era a vida antes e como é ahora.

A opinión da xente é que apenas hai futuro no rural

VIDEO