Espazo Común pide unha auditoría sobre o gasto en inversións do concello do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común compareceu esta mañá en rolda de prensa, na que participaron os seus tres compoñentes, Pachi Vázquez, Adolfo Nogueira e Érika Paz. A formación urxe ó concello do Carballiño a realización dunha auditoría na que se de conta das inversións públicas feitas nos últimos anos pola administración, co gasto de preto de 90 millóns de euros nos últimos sete anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Espazo Común asegura que non se fixo ningunha inversión económica en grandes proxectos, xa que están aínda por facer. Recordan os proxectos aínda en procesos iniciais do centro de saúde ou da ampliación do parque empresarial. Por este motivo, urxen que se poñan enriba da mesa as contas dos últimos seis orzamentos e se explique á cidadanía en que se invertiron.