Fernando Redondo, novo alcalde do concello de San Amaro

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de San Amaro celebrou esta mañá o Pleno extraordinario no que se procedeu á elección do novo alcalde tras a dimisión do socialista Rubén Gómez.

Procedeuse á toma de posesión de María Jesús Fernández como concelleira socialista, ocupando o lugar do concelleiro e anterior alcalde Rubén Gómez, tras a súa dimisión.

HIPER MASIDE

Seguidamente procederase á elección do novo alcalde tras a renuncia de Gómez. Finalmente, Fernando Redondo, o voceiro do Partido Popular, logrou a investidura coma novo alcalde do concello.   

Redondo tiña todas as esperanzas postas nesta votación, logo da inestabilidade política entre a coalición do PSOE e Xuntos por San Amaro. A alcaldía disputábase entre o PP e a nova integrante do PSOE. Os resultados da votación quedaron 4-4, e un voto en branco, o que obriga a que gañe a lista máis votada, que era a do Partido Popular.