No Carballiño convocatoria para a concesión de axudas de libros e material escolar 2021/22

Publicase hoxe no BOP: Premer na Imaxe:

Axudas de libros e material escolar 2021/2 BDNS (Identif.): 588849
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/con vocatoria/588849)

AVANTAR ACTIVIDADES

Primeira: obxecto e finalidade da convocatoria
Estas bases teñen por obxecto a regulación, tomando como marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño que se rexe ao mesmo tempo pola Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro, e bases de execución do orzamento do Concello do Carballiño, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ás familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño que teñan nenos e nenas ao seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello do Carballiño

Segunda. Beneficiarios/as
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño e nas que:
a.- Todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no Concello do Carballiño con seis meses de antigüidade, como mínimo.
b.- Os/as solicitantes estean matriculados en educación infantil (3, 4 e 5 anos) nun centro educativo do Concello do Carballiño. No caso de cambiarse a un centro educativo doutro concello (despois de solicitar a axuda), non terá dereito a percibila.
c.- Non superen os 6.000 € de renda per cápita anual (6.000 euros por membro da unidade familiar). Cando se presente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas noexercicio fiscal 2020, sumaranse a base impoñible xeral e a
base impoñible do aforro e dividirase entre os membros da unidade de convivencia. De non se presentar a declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria

Para efectos destas bases, considérase que forman a unidade de convivencia: os cónxuxes, parellas de feito, os/as fillos/as maiores e menores de idade e os ascendentes de cónxuxes e titores legais que convivan no mesmo domicilio.
Nos casos de separación ou divorcio considerarase o pai ou a nai que teña a custodia dos/das menores por sentenza xudicial.
No caso de custodia compartida consideraranse a ambos os proxenitores.
Nos casos de violencia de xénero, non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita familiar.

Terceira. Crédito

  1. O importe total asignado no orzamento municipal que se destina é de 5.000 euros, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 326.00/48001 consignada no orzamento
    municipal do 2021.
  2. As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas
  3. A contía máxima das axudas será de 100 €
    Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación
    1 As familias que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no modelo normalizado (que se lles facilitará no propio concello) no prazo de quince días
    hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP, tras a comunicación efectuada para o efecto pola BDNS, no rexistro municipal do
    Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e Lei 40/2015,
    do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
    O Carballiño, 27 de agosto de 2021. O alcalde