Nota do Bng de Ourense sobre o pleno do día 8

O BNG lembra que no pleno do 08 de xaneiro ausentouse da votación da moción de DO sobre transfuguismo por considerala unha estratexia para desviar a atención dos problemas do seu partido

En contra do que tanto o Goberno Local como o propio Jácome están a dicir, non houbo unaninidade no pleno, toda vez que os concelleiros do BNG ausentáronse no momento da votación, para non facer parte desta farsa.

O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense quere aclarar que en contra do que está a dicir o actual Goberno Local e nomeadamente o alcalde, Gonzalo P. Jácome, no pleno do pasado 08 de xaneiro no que se debatiu unha moción rexistrada por Democracia Ourensana e relativa ao pacto antitransfuguismo, esta foi aprobada por unanimidade dos presentes no momento da votación pero non polo conxunto dos Grupos Municipais pois o BNG ausentouse do debate e posterior votación, feito que se demostra coa propia acta da sesión.

AVANTAR ACTIVIDADES

O que Jácome levou a pleno, como moción de parte, non era outra cousa que unha declaración institucional da FEMP, cuestión que foi criticada polo resto dos grupos.

Naquel pleno de 08 de xaneiro, o portavoz nacionalista Luis Seara lembrou que o BNG forma parte da comisión antitransfuguismo desde o día en que se constituíu. “Levamos sufrido como ninguén os efectos deste xeito perverso de entender a política e por iso somos tan sensibles a esta cuestión”. Ao tempo que lle afeou a Jácome que “isto non lle importa moito e o único que lle preocupa é traer os seus problemas internos ao concello para desviar a atención e seguir captando cartos públicos”.

 Quen pactou, e sobrevive políticamente, a costa do maior expoñente do caciquismo nesa sorte de “maquiavelismo” político, non está lexitimado, nin política, nin éticamente para dar  leccións a ninguén, e menos ao BNG.