O 4º Econtro Literario Ourensán terá lugar este sábado no Carballiño

Esta mañá, o concello do Carballiño acolleu unha nova presentación cultural. Trátase do 4º Encontro Literario Ourensán 2021, que terá lugar este sábado, no restaurante Derby do Carballiño, dende as 10:00 ata as 13:00 horas e das 15:30 horas ata 20:30 horas. Despois da pandemia, o evento contará cunha trintena de escritores, ademais de debates e mesas coloquio.

Esta edición está enfocada en Harry Potter, nomeando a cada unha das mesas co nome dunha das casas desta saga. Será de entrada libre para todos e inclúe novidades coma dúas presentacións de libros e varios xogos, ademais dunha homenaxe a un membro importante do Encontro recentemente falecido.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, ensalzou o potencial cultural con todas as actividades postas en marcha neste mes, e animou a todos a participar, fomentando o hábito lector.