O Carballiño sube dous contaxios, ata os catro casos activos

A comarca do Carballiño conta hoxe con 5 (+2) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, suma hoxe dous contaxios, para un total de catro casos activos. E Boborás conta cun caso activo dende a pasada semana.

A comunidade galega rexistra hoxe 60 contaxios, un ritmo de novos positivos que ascende con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 473, 23 máis ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 5 (-1)  están en UCI e 19 (+2) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 13 contaxios novos, unha cifra que tamén ascende hoxe, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 61 casos activos, dez máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 2 (-1)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.