O Carballiño sobe tres casos nas últimas 24 horas, para ter un total de sete casos activos

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño conta hoxe con 9 (+4) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, suma hoxe tres contaxios, para un total de sete casos activos. E Boborás conta hoxe con dous casos activos, un máis ca onte.

A comunidade galega rexistra hoxe 38 contaxios, un ritmo de novos positivos que se reduce case na metade con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 481, 8 máis ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 4 (-1)  están en UCI e 27 (+8) en unidades de hospitalización.

HIPER MASIDE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 14 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 71 casos activos, dez máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 6 (+4)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.