O concello aproba a nova bandeira e escudo municipais

Hoxe, a corporación do concello do Carballiño reuniuse nunha nova sesión plenaria. O concello aprobou a bandeira e escudo municipais, a pesar da abstención de toda a oposición por falla de acordo ca proposta presentada. Aprobouse por unanimidade emitir a proposta ó IES nº1 do Carballiño para o seu cambio de nome, en homenaxe a María Teresa Miras Portugal, carballiñesa ilustre no mundo da ciencia.

En canto ás mocións, non saíu adiante a do BNG, para a ampliación das instalacións deportivas para o seu uso as fins de semana, a pesar do apoio de todos os grupos salvo do goberno, que asegura que se está a traballar na ampliación do horario semanal e as fins de semana ábrese a demanda.

AVANTAR ACTIVIDADES

A corporación aprobou por unanimidade a moción de Espazo Común en relación á situación do Punto Limpo e a ampliación do seu horario.

E tamén por unanimidade poñer unha solución á ampliación de prazas na Galiña Azul, a pesar de que o PSOE acusa á Xunta de non dar resposta ás peticións aprobadas dende o Consello Escolar.

Ademais, a corporación votou atrás a modificación para o fraccionamento de débedas municipais ante un erro da proposta de acordo da alcaldía. O concello pretende dar a facilidade ós veciños de facer pagos máis reducidos e cun maior prazo.