Nova concentración de apoio a Nuria, a moza agredida no Carballiño, mañá sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá sábado, día 30, a familia e amigos de Nuria, a moza agredida no Carballiño por un amigo, convocan unha nova manifestación. Neste caso, será ás 19:00 horas, con saída da igrexa da Veracruz e con chegada á Praza Maior. Esta marcha ten o obxectivo de facer que o suceso vivido por Nuria non se esqueza, amosar o apoio á moza que segue loitando e pedir o cambio da lei do menor para que estes sucesos non queden impunes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para todos aqueles que aínda non puideron asinar a petición de xeito online, haberá unha mesa na praza maior para poder facelo.