O concello deberá levar a bandeira e o escudo de novo a pleno ó non acadar maioría absoluta

Onte a corporación do concello do Carballiño reuníase nunha nova sesión plenaria. O concello aprobaba a bandeira e escudo municipais, a pesar da abstención de toda a oposición por falla de acordo ca proposta presentada.

Ó rematar a sesión, a corporación deuse conta de que esa aprobación esixía unha maioría absoluta a favor da proposta que non se cumplira ó estar ausente unha das concelleiras do equipo de goberno. Deste xeito, a aprobación feita na sesión queda invalidada, xa que so conta cunha maioría simple de oito votos. Na próxima sesión plenaria deberá ir de novo este punto.

AVANTAR ACTIVIDADES